viernes, 24 de febrero de 2012

Benvidos o noso blog!
Dámosvos a benvida a todos/as a este novo blog que ten como obxectivo central que os nenos/as aprendan a manipular e a disfrutar co uso das novas tecnoloxías, fundamentalmente neste caso a través da cámara dixital.
Neste proxecto a cámara dixital utilizase como complemento para a aprendizaxe de diversos contidos, xa que consideramos pode ser un elemento moi útil, para lograr unha aprendizaxe máis práctica e na que os nenos/as interactúan directamente co medio e coa súa realidade.
Levaranse a cabo diferentes tipos de actividades como sacar fotos das diferentes estancias do centro, comentario de fotografías, realización de entrevistas ós mestres…
Consideramos que estas actividades van contribuir a unha aprendizaxe máis lúdica e creativa por parte do alumnado e pode resultar moi enriquecedora para os mestres.
Esperamos que vos tamén o disfrutedes!