Esta semana estivemos traballando en tódolos cursos de Educación infantil con diferentes xornais e creamos o noso propio xornal da aula. Iso sí, non eran uns xornais calquera, senón que neles aparecían noticias e fotografías relacionadas con experiencias vividas por nós na escola, nas visitas, nos festivais...
Cada un dos nenos/as fixo unha folla do xornal, e entre todos escollemos a que máis nos gustou para que fose a portada e tamén o título do xornal. Foi moi divertido, aquí por exemplo podemos ver como traballan os nenos/as da clase de Conchi (5º de Educación infantil).
Ssssss! que están traballando...
No hay comentarios:
Publicar un comentario