Festival de fin de curso
Por fin chegou o festival de fin de curso, tras moito ensaiar chegou a hora da verdade, e os nenos/as non defraudaron. A pesar dos nervios iniciais debido a presencia dos seus familiares, as ganas de facelo ben puideron con eles, e os rapaces protagonizaron unhas estupendas actuacións.
O festival comezou coa obra de títeres representada polos nenos/as de 5 anos: "Los fantasmas Caramba". Foi todo un éxito e os nenos/as fixeron un gran papel. O esforzo valeu a pena!
Despois invadíronnos uns piratas moi especiais que nos cantaron a súa canción, dixeron que tiñan 3 anos, e estaban capitaneados por unhas piratas temibles chamadas Begoña e Carmen, conseguirían o seu obxetivo?
Ademáis, sabían falar idiomas, xa que logo cantaron unhas cancións en inglés chamadas: "Numbers" e "Dinosaur, dinosaur" que levantaron os aplausos de tódolos presentes.
Máis tarde, os nenos/as de 4 anos da aula de Conchi bailaron "O rock da ducha", fixérono fenomenal, pero temos que pedir disculpas xa que todavía non dispoñemos de imaxes das súas actuacións.
En canto sexa posible engadiremos algunha delas.
En canto sexa posible engadiremos algunha delas.
Por último, celebrouse a graduación dos nenos/as de 5 anos, que rematan a etapa de Educación Infantil e o ano que ven pasarán a formar parte do 1º curso de Educación Primaria. Tras unha pequena ceremonia, recibiron uns diplomas e unhas orlas moi orixinais de mans do noso director Moncho e da súa titora Sandra, que traballou moito con eles ó longo do ano e xunto cos demáis mestres/as de Educación Infantil fixo posible este evento, grazas a todos/as.
Noraboa rapaces, moita sorte!
Tamén queremos agradecer a actuación dos nosos presentadores de 6º de Educación Primaria, aquí vense tres, pero tamén había dous teloneros, que como fixeron tan ben o seu traballo, non se lles ve.
Esperamos que as actuacións fosen do voso agrado. Grazas por asistir!
No hay comentarios:
Publicar un comentario