Hoxe chegoulles o turno os nenos/as da clase de 5 anos de participar nas rutas urbanas animadas, onde tiveron a ocasión de disfrutar nos Cantóns dunha serie de actividades e xogos o aire libre. Divídironse en grupos, e cada grupo representaba un dos sentidos: gusto, oido, vista, tacto e olfato.
Despois pasaron á realización de diversos xogos, como por exemplo; oído: buscar a súa parella a través dos sons que emitían; tacto: meter a man nunha saca e con só tocalo averiguar de que se trataba; vista: facer xestos para que os compañeiros adiviñen un obxecto ou animal... Tra-la realización de cada xogo, os nenos/as obtiñan unha peza de puzzle que xuntas servirían para resolve-lo gran misterio oculto no mesmo.
Finalmente, xuntaron tódalas pezas do puzzle, e descubriron que o gran misterio que se agochaba no puzzle era unha foto do Obelisco. Despois chegou a hora da despedida e voltamos a escola. Foi moi divertido e as monitoras déronnos un pequeno obsequio. Esperamos que vos guste rapaces!
No hay comentarios:
Publicar un comentario