Gymkhana
Este xoves os nenos/as de 5º e 6º de educación infantil e de 1º ciclo de educación primaria participaron nun circuito de xogos un tanto diferentes, no que ambos ciclos debían cooperar entre sí coa finalidade de facer máis sinxela a súa labor e considerando que era unha boa forma de integración e relación entre os pequenos/as .
Nestes xogos empregamos materiais tan diversos como globos, corchos, aros, discos, pelotas...E outros algo máis estranos coma fresas, cola-cao ou auga.
Entre os xogos atopamos algúns como a lanzadeira, na que os rapaces disfrutaron lanzándose a toda velocidade por unha rampa esbaradiza; a comida cega, xogo no que un neno/a tiña que darlle de comer a súa parella, iso sí, coa pequena dificultade de ter os ollos vendados, inda que tamén outros de baile, lanzamentos ou habilidade.
E os mestres por suposto, tamén o pasamos moi ben! Repetimos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario