sábado, 31 de marzo de 2012

Coñecemos os oficios: os agricultores

Esta semana estivemos traballando nas aulas de 4º de infantil o tema dos oficios, e nesta ocasión tocounos aprender en que consiste a profesión de agricultor. Estivemos vendo un video no que poidemos apreciar os principais traballos que realizan os agricultores, as ferramentas que empregan e os principais avances que se deron neste sector, entre os que destacamos a aparición do tractor. Tras resolver unhas pequenas dúbidas puxémonos mans a obra e decidimos facer a nosa propia horta para plantar nela tomates, patacas leitugas...



Agora temos que esperar un pouco a que medren, pero seguro que pronto poderémolas saborear!

jueves, 29 de marzo de 2012

10, 9, 8 ,7......despegue!

Este martes no obradoiro de lingua, os nenos/as de 5 anos estiveron facendo un foguete espacial en relación coa temática do universo que estamos a traballar.Todos participaron moito na montaxe: pegaron as pezas do cohete, pintaron con pinceis os foguetes e mesmo puxeron propulsores na parte baixa da nave. Quedaron moi fermosos, o que non sabemos e se poderemos chegar a lúa con el. Mmm, imos probar...



Moitas grazas pola vosa colaboración!















domingo, 25 de marzo de 2012

Visita á biblioteca de Monte Alto

A semana pasada chegou unha carta a escola na que o paxariño Olé, convidou ós nenos/as de 4º de infantil a acudir á biblioteca de Monte alto para coñecelo e amosarlles a súa colección libros. Entre eles estaba o conto: "Un becho extraño", que lles chamou moito a atención, xa que este conto agocha unha sorpresa en forma de animal. Qué sería? animádevos a preguntarlles en que se transformaba o ovo gris ou mesmo podedes ler o conto con eles de novo, é moi divertido!


Finalmente recordamos as vocais a través dun pequeno xogo rimado, e cada neno puido escoller un libro de lectura e levalo a escola para ollalos e disfrutar deles.

A Primavera

Coa chegada da nova estación, os nenos/as regresaron ó campo de Marte para facer instantáneas das árbores, dos xardíns... e observar os cambios acontecidos. Notarían algún cambio con respecto ó inverno?

miércoles, 21 de marzo de 2012

Hoxe mudamos de estación...

Tras un longo e frío inverno, por fin chegou a  primavera, e estivemos observando os cambios que se producen nesta estación: saen as flores, algúns animais espertan do letargo, xa non son necesarios os gorros e as luvas, crecen as follas nas árbores...
 





 Tras ver unha breve presentación na que os nenos/as poideron observar estes cambios, e comentar o que sabiamos desta estación, as aulas de 4º de infantil estiveron elaborando unha flor e unha mariquita que decoraron con papeis de cores e finalmente pegaron nos pasillos da escola.

Quedoulles ben, a que sí?



lunes, 19 de marzo de 2012

A Semana da prensa

Esta semana estivemos traballando en tódolos cursos de Educación infantil con diferentes xornais e creamos o noso propio xornal da aula. Iso sí, non eran uns xornais calquera, senón que neles aparecían noticias e fotografías relacionadas con experiencias vividas por nós na escola, nas visitas, nos festivais...



Cada un dos nenos/as fixo unha folla do xornal, e entre todos escollemos a que máis nos gustou para que fose a portada e tamén o título do xornal. Foi moi divertido, aquí por exemplo podemos ver como traballan os nenos/as da clase de Conchi (5º de Educación infantil).
Ssssss! que están traballando...




miércoles, 14 de marzo de 2012

TV CURROS

Hoxe veu a televisión a aula de 5 anos e os nenos convertíronse en verdadeiros especialistas do medio audiovisual. Entre os programas que poidemos ver na parrilla atopábanse: Bricomanía, A cociña na aula, Xogos en familia e o Telexornal do Curros.


Os nenos e nenas interpretaron perfectamente o seu papel e tamén tiveron tempo para facer de fotógrafos e sacar algunhas instantáneas.Foi un día de moito traballo, e duro é isto da televisión verdade?

jueves, 8 de marzo de 2012

Teatro Duendesico


O día 8 de Marzo visitounos o teatro Duendesico coa
 historia do simpático Musicolino e a súa mestra
Tomasa, que che pasa...?
Os nenos/as de Educación infantil e 1º ciclo de primaria
disfrutaron coa actuacíón e mesmo remataron bailando ó
 compás do órgano de Musicolino.


 

        
 O Corpo humán, 3 anos


Para traballar, a colaboración cos compañeiros/as é moi importante. Hoxe no obradoiro de lingua traballamos o corpo. Esta vez debuxamos a silueta de varios nenos/as nun papel continuo e fomos comentando as partes do corpo que se apreciaban. Después, coloreamos un debuxo e observamos cómo se chamaban cada unha das partes que aparecían para que non se nos olvide. Neste caso Mateo e a Carla de 4º de infantil, servíronnos de modelos e fixérono moi ben!

Concerto da Orquestra Sinfónica Ma Mere l´Oye (M. Ravel)


















O día 28 de Febreiro foi especial para nós. Tódolos nenos/as de Educación infantil acudimos ó Pazo da Ópera a pasar unha divertida mañá escoitando a Orquestra Sinfónica e coñecendo as diferentes familias de instrumentos.
Debuxos de 4 anos


En 5º de infantil, no obradoiro de lingua estivemos traballando os medios de comunicación: teléfono, televisión, radio...incluso fixemos un pequeno telexornal. Os nenos/as pasáronno moi ben e mesmo nos deu tempo a facer uns debuxos dos medios de comunicación que máis nos gustan.
 Mirade, mirade!



O Inverno

Antes de facer unha visita á Biblioteca municipal os rapaces da aula de 5 anos sacaron unhas fotos das árbores do parque de Marte, que nos servirán para aprecia-las diferencias que se produzan en estacións posteriores. Notaremo-lo cambio?


Poesía
Por que nos gustará?
Pola neve branca
e polo Nadal.
O frío de inverno
ten unha solución:
o gorro, o abrigo
e a calefación.

miércoles, 7 de marzo de 2012

As clases de psicomotricidade 






E este é o noso pavillón. Nel teñen lugar as clases de psicomotricidade, onde os nenos/as practican diferentes habilidades e xogos, a través de gran variedade de recursos materiais como: cordas, aros, picas, balóns...  Pásano en grande facendo exercicio!
As instalacións do Cole
E aquí temos as instalacións do noso cole. Os nenos/as empréganas día a día, nelas traballamos e tamén o pasamos estupendamente.   .
Son moi útiles e nelas aprendemos moitas cousas!!

Patio
Aula de informática
Biblioteca
Conserxería
Aula
Direción
Comedor
Pavillón

lunes, 5 de marzo de 2012


A Biblioteca do Curros

Coa axuda da nosa mascota Curriña, na biblioteca do Curros, adentrámosnos nun mundo de fantasía e ilusión a través dos diferentes libros e contos, que nela podemos atopar. 
A través de estas fotos os nenos/as dannos unha pista das cousas que nela hai.

       
 



O noso parque
Aquí os nenos/as de 4º de infantil A (3 anos), quixéronnos amosar a través das súas fotografías un dos seus rincóns favoritos na escola, o parque, nel disfrutan nos recreos, e aquí tedes unha pista dos seus xogos preferidos.

 

sábado, 3 de marzo de 2012

As primeiras fotos...
Tras unhas breves instruccións os peques fóronse soltando e estas foron as primeiras fotos, neste caso os nenos/as da aula de 4º de infantil B mostráronnos as súas dotes coa cámara e...
             
              

...non o fixeron nada mal!