Mostrando entradas con la etiqueta O universo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O universo. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de mayo de 2012

Taller de manualidades: os planetas

Continuando coa unidade do universo, os nenos da aula de 5 anos, quixéronnos demostrar canto sabían dos planetas: posición no universo, cores, tamaño...












Que opinades, aseméllanse bastante verdade?


Pois para conseguir estes resultados todos/as traballaron moito: recortando, pintando, pegando... E tamén empregaron moitos materiais como lá, algodón, boliñas de papel, plástico, lentellas e moitas cousas máis.


            Bo traballo rapaces/zas!

miércoles, 25 de abril de 2012

 Viaxe á Lúa

Hola nenos/as, como sabedes hoxe tivemos a dificil misión de convertirnos en astronautas para tratar de chegar a lúa, pero todavía non o conseguimos, así que deixovos este video para ver se a algún de vós se lle corre algunha idea.



Por certo, non conseguimos chegar aínda pero paréceme que quedamos moi preto, vós que pensades? De feito subimos tanto coa nosa nave que paréceme que atopamos un intruso, conseguídelo ver?  Avisademe se o vedes, eh!




jueves, 29 de marzo de 2012

10, 9, 8 ,7......despegue!

Este martes no obradoiro de lingua, os nenos/as de 5 anos estiveron facendo un foguete espacial en relación coa temática do universo que estamos a traballar.Todos participaron moito na montaxe: pegaron as pezas do cohete, pintaron con pinceis os foguetes e mesmo puxeron propulsores na parte baixa da nave. Quedaron moi fermosos, o que non sabemos e se poderemos chegar a lúa con el. Mmm, imos probar...



Moitas grazas pola vosa colaboración!