Mostrando entradas con la etiqueta As estacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta As estacións. Mostrar todas las entradas

domingo, 1 de abril de 2012

O mural da primavera

Os nenos/as da aula da profe Sandra de 5 anos, estiveron pintando estes dias un mural moi colorido, con moitas flores, cun arco iris... e inda que o fixeron moi ben e sacaron unhas fotos moi bonitas, non sabemos moi ben de que estación se trata. Quizáis neste video os nenos/as deixáronnos algunha pista. Podedesnos axudar?




...Que ben,, pintaron un mural da primavera.Qué bonito!


domingo, 25 de marzo de 2012

A Primavera

Coa chegada da nova estación, os nenos/as regresaron ó campo de Marte para facer instantáneas das árbores, dos xardíns... e observar os cambios acontecidos. Notarían algún cambio con respecto ó inverno?

miércoles, 21 de marzo de 2012

Hoxe mudamos de estación...

Tras un longo e frío inverno, por fin chegou a  primavera, e estivemos observando os cambios que se producen nesta estación: saen as flores, algúns animais espertan do letargo, xa non son necesarios os gorros e as luvas, crecen as follas nas árbores...
 





 Tras ver unha breve presentación na que os nenos/as poideron observar estes cambios, e comentar o que sabiamos desta estación, as aulas de 4º de infantil estiveron elaborando unha flor e unha mariquita que decoraron con papeis de cores e finalmente pegaron nos pasillos da escola.

Quedoulles ben, a que sí?



jueves, 8 de marzo de 2012

O Inverno

Antes de facer unha visita á Biblioteca municipal os rapaces da aula de 5 anos sacaron unhas fotos das árbores do parque de Marte, que nos servirán para aprecia-las diferencias que se produzan en estacións posteriores. Notaremo-lo cambio?


Poesía
Por que nos gustará?
Pola neve branca
e polo Nadal.
O frío de inverno
ten unha solución:
o gorro, o abrigo
e a calefación.