Mostrando entradas con la etiqueta Psicomotricidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Psicomotricidade. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de junio de 2012


Gymkhana

Este xoves os nenos/as de 5º e 6º de educación infantil e de 1º ciclo de educación primaria participaron nun circuito de xogos un tanto diferentes, no que ambos ciclos debían cooperar entre sí coa finalidade de facer máis sinxela a súa labor e considerando que era unha boa forma de integración e relación entre os pequenos/as  .


Nestes xogos empregamos materiais tan diversos como globos, corchos, aros, discos, pelotas...E outros algo máis estranos coma fresas, cola-cao ou auga.


Entre os xogos atopamos algúns como a lanzadeira, na que os rapaces disfrutaron lanzándose a toda velocidade por unha rampa esbaradiza; a comida cega, xogo no que un neno/a tiña que darlle de comer a súa parella, iso sí, coa pequena dificultade de ter os ollos vendados, inda que tamén outros de baile, lanzamentos ou habilidade.


E os mestres por suposto, tamén o pasamos moi ben! Repetimos?


miércoles, 6 de junio de 2012

Sesión de psicomotricidade: "Os globos"



Na sesión do Mércores de psicomotricidade os nenos/as recibiron unha grata sorpresa xa que estivemos traballando os desprazamentos e lanzamentos a través dos globos.


 Pasárono en grande, axudaron a encher os globos e mesmo poideron levar os globos para casa; os que resistiron claro!


jueves, 17 de mayo de 2012

En psicomotricidade...xogamos cos xornais

Na última sesión de psicomotricidade, decidimos cambiar o material habitual(aros, pelotas, picas, conos, cordas...) por xornais.
Nun primeiro momento pareceulles extraño mais pronto se deron conta das cousas tan divertidas que se poden facer con este tipo de materiais.




Fixemos moitos xogos, e mesmo se nos fixo corta a sesión, pero chegou a hora de merendar e...tivemos que marchar. Non vos preocupedes rapaces, voltaremos!





miércoles, 7 de marzo de 2012

As clases de psicomotricidade 






E este é o noso pavillón. Nel teñen lugar as clases de psicomotricidade, onde os nenos/as practican diferentes habilidades e xogos, a través de gran variedade de recursos materiais como: cordas, aros, picas, balóns...  Pásano en grande facendo exercicio!