Aula de informática: xogamos con "Tibao"
Hoxe a primeira hora da mañá, os nenos/as de 4 anos da clase da mestra Conchi, tiveron clase de informática.
Como tódalas mañás cando nos toca vir á aula de informática, colocámonos arredor da mesa central e fixemos asamblea para posteriormente elexir parellas para os ordenadores.
Unha vez rematamos, os nenos/as poideron disfrutar cunha gran variedade de actividades que nos propuxo a mestra Juana, e en concreto cunha chamada "Tibao", na que un neno indíxena, no seu recorrido pola sabana, íase enfrontando con gran cantidade de desafíos didácticos como puzzles, memorys...
Aquí podemos observar o ben que o pasan os inseparables Pablo e Breixo xogando co pequeno Tibao.
Deixovos a continuación o enlace para que tamén poidades disfrutar vendo como xogan e aprenden os vosos pequenos/as:
No hay comentarios:
Publicar un comentario