Hoxe, foi un día especial para os nenos de 5º de infantil (4 anos), xa que tivemos unha visita á plaza de María Pita onde os nenos/as poideron coñecer un pouquiño máis da historia da nosa cidade dunha maneira máis divertida, mediante xogos e historias, como por exemplo:
1) No primeiro dos xogos, a monitora Miriam, explicounos que fai moito tempo un pirata inglés chamado Sir Drake, chegou A Coruña para quitarlles ós coruñeses o seu tesouro, que non era outro que a propia cidade. Pero entón a valentía da xente da Coruña fixo que poidesen resistir e votar ós ingleses sen necesidade de empregar armas.
Xogo: Dividíamos osnenos/as en grupos e con bolas feitas con papel de xornal faciamos unha batalla de bolas.
2) Despois adentrábamos nun lugar que asemellaba un castelo dentro do propio concello e alí os nenos/as puideronse sumerxir na famosa historia de "Hércules e o xigante Xerión", ademáis de coñece e observar diferentes escudos da cidade que foron evolucionando co paso do tempo.
3) Nesta zona, os nenos/as eran informados de que durante a batalla, os cidadáns coruñeses resistían cobixandose tras enormes muros de pedra que os protexían dos fortes ataques dos soldados ingleses.
Xogo: Nesta ocasión, o xogo consistía en achegarnos ó muro e pegar diferentes partes do noso corpo, así como tamén en chegar correndo para tocar diferentes espacios que nos suxería a monitora.
4)Por último, fixemos un xogo de discriminación auditiva, no que os nenos/as, cos ollos tapados e tras escoitar o son dun instrumento (caixa china ou cascabeis) tocado por un compañeiro/a que estaba agochado ,debían descubrir porque lado estaban sendo atacados . Coidado con Carlota, que nos ataca!
Logo chegou o autobús e tivemos que regresar a escola, inda que o pasamos fenomenal! Alguén quere repetir?
No hay comentarios:
Publicar un comentario