Día das letras galegas
Valentín Paz Andrade
Este ano, o día das letras galegas adícaselle ó escritor e avogado Valentín Paz Andrade. Naciu no ano 1898 en Lérez(Pontevedra), licenciouse en dereito na universidade de Santiago e posteriormente tras contactar con intelectuais da época como Castelao escribiu libros como: "Pranto Matricial" ou "Cen Chaves de Sombra" ademáis de colaborar con numerosos xornais e revistas. Fundou unha das máis importantes empresas de pesca e conxelado de Europa, Pescanova; e ademáis colaborou coa FAO, asociación que promove o desenvolvemento sostible e responsable da pesca e a agricultura. Destacou como escritor de ensaios e poesías, recibindo moitos galardóns polo seu traballo por e para Galicia. Morre no ano 1987.
Esta semana estivemos traballando o día das letras galegas, e os rapaces de Educación Infantil fixeron diferentes actividades relacionadas co mesmo:
As aulas de 3 anos, realizaron unha actividade relacionada coa paixón do autor polo mar,e estiveron a decorar este peixe chamado "Nova", mesmo lle puxeron escamas e todo!
Os nenos/as da clase de Conchi(4 anos), foron á biblioteca e alí tiveron a oportunidade de ver un video ilustrativo da vida do autor para posteriormente realizar unha actividade que neste caso tiña moito que ver coa vinculación do autor coa FAO.
Tamén os nenos/as de 6º de infantil traballaron o día das letras galegas, nesta ocasión mediante unha actividade Lin, na que ademáis de contarnos a vida do autor, permitíanos facer unha serie de xogos moi interesantes: memory, sopa de letras...
Xa como colofón, e entre tódalas aulas de infantil, elaboramos un mural capitaneado por Valentín Paz Andrade no que cada un de nos tiña un camarote. Que a que nos referimos? mirade, mirade:
Por último, deixovos o enlace coa actividade Lin por se queredes botarlle un vistazo cos nenos/as:
No hay comentarios:
Publicar un comentario