jueves, 17 de mayo de 2012

Os títeres

Con motivo da celebración do festival de fin de curso, os nenos/as de Educación Infantil, están a preparar diferentes actuacións. Unha delas é unha obra de títeres titulada:" Los fantasmas Caramba", que os rapaces da aula de 5 anos da profesora Sandra están a ensaiar con moita dedicación e esforzo.


Pero non só ensaian os seus papeis, senón que ademáis comezaron a elaborar as súas propias marionetas, e non están quedando nada
mal...
Inda están comezando e falta moito traballo por facer pero seguro que no festival conseguen sorprendernos a todos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario