Mostrando entradas con la etiqueta Manualidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manualidades. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de abril de 2012

Menudos artistas!

Nestes días estivemos visionando a obra do artista francés Monet: "O xardín xaponés". Tras observar algunha das súas coloridas e fermosas obras típicas do impresionismo, decantámonos por ésta, xa que é unha obra moi adecuada para traballar a estación da primavera.
Os nenos/as pintaron con pinceis os cadros, e despois elexiron e fixeron uns preciosos marcos para adornalos. Traballaron moito e os cadros quedaron moi bonitos. 


 Nesta ocasión, Lucía (5º de infantil) quixo mostrarnos a través da fotografía as obras dos seus compañeiros/as. Moitas grazas Lucía!