Coa chegada da nova estación, os nenos/as regresaron ó campo de Marte para facer instantáneas das árbores, dos xardíns... e observar os cambios acontecidos. Notarían algún cambio con respecto ó inverno?
domingo, 25 de marzo de 2012
miércoles, 21 de marzo de 2012
Hoxe mudamos de estación...
Tras ver unha breve presentación na que os nenos/as poideron observar estes cambios, e comentar o que sabiamos desta estación, as aulas de 4º de infantil estiveron elaborando unha flor e unha mariquita que decoraron con papeis de cores e finalmente pegaron nos pasillos da escola.
Quedoulles ben, a que sí?
Tras un longo e frío inverno, por fin chegou a primavera, e estivemos observando os cambios que se producen nesta estación: saen as flores, algúns animais espertan do letargo, xa non son necesarios os gorros e as luvas, crecen as follas nas árbores...
Tras ver unha breve presentación na que os nenos/as poideron observar estes cambios, e comentar o que sabiamos desta estación, as aulas de 4º de infantil estiveron elaborando unha flor e unha mariquita que decoraron con papeis de cores e finalmente pegaron nos pasillos da escola.
Quedoulles ben, a que sí?
lunes, 19 de marzo de 2012
A Semana da prensa
Esta semana estivemos traballando en tódolos cursos de Educación infantil con diferentes xornais e creamos o noso propio xornal da aula. Iso sí, non eran uns xornais calquera, senón que neles aparecían noticias e fotografías relacionadas con experiencias vividas por nós na escola, nas visitas, nos festivais...
Cada un dos nenos/as fixo unha folla do xornal, e entre todos escollemos a que máis nos gustou para que fose a portada e tamén o título do xornal. Foi moi divertido, aquí por exemplo podemos ver como traballan os nenos/as da clase de Conchi (5º de Educación infantil).
Ssssss! que están traballando...
miércoles, 14 de marzo de 2012
TV CURROS
Hoxe veu a televisión a aula de 5 anos e os nenos convertíronse en verdadeiros especialistas do medio audiovisual. Entre os programas que poidemos ver na parrilla atopábanse: Bricomanía, A cociña na aula, Xogos en familia e o Telexornal do Curros.
Os nenos e nenas interpretaron perfectamente o seu papel e tamén tiveron tempo para facer de fotógrafos e sacar algunhas instantáneas.Foi un día de moito traballo, e duro é isto da televisión verdade?
jueves, 8 de marzo de 2012
O Corpo humán, 3 anos
Para traballar, a colaboración cos compañeiros/as é moi importante. Hoxe no obradoiro de lingua traballamos o corpo. Esta vez debuxamos a silueta de varios nenos/as nun papel continuo e fomos comentando as partes do corpo que se apreciaban. Después, coloreamos un debuxo e observamos cómo se chamaban cada unha das partes que aparecían para que non se nos olvide. Neste caso Mateo e a Carla de 4º de infantil, servíronnos de modelos e fixérono moi ben!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)