Fichas dos animais: domésticos e salvaxes
Como xa dixeramos, nas ultimas sesións estamos a traballar cos tipos de animais, neste caso, domésticos e salvaxes; características dos mesmos: se teñen plumas, pelos ou escamas, se son mamíferos ou ovíparos...
Para motivalos e tamén para xuntar máis información propuxemos como actividade que os nenos/as de 4 e 5 anos trouxeran unha ficha técnica do seu animal favorito. Foi moi interesante, xa que cada neno/a espuxo a súa ficha e aprendemos moitas, moitas cousas. Nestes días estivemos colgando no pasillo as fichas para que aqueles rapaces que estén interesados poidan botarlles un vistazo e aprender cousas moi curiosas sobre estes animais.
Por se algún non tivo tempo de facela, deixámosvos aquí un exemplo dunha delas, neste caso a fotografía foi feita por David Carballada(5 anos) e saíulle moi moi ben!
1. NOME
2. CARACTERÍSTICAS.
3. LUGAR ONDE VIVE.
4. ALIMENTACIÓN.
5. REPRODUCIÓN.
6. CURIOSIDADES.
Animádevos a facelas, quedan moi ben e son moi interesantes para os rapaces!