sábado, 31 de marzo de 2012

Coñecemos os oficios: os agricultores

Esta semana estivemos traballando nas aulas de 4º de infantil o tema dos oficios, e nesta ocasión tocounos aprender en que consiste a profesión de agricultor. Estivemos vendo un video no que poidemos apreciar os principais traballos que realizan os agricultores, as ferramentas que empregan e os principais avances que se deron neste sector, entre os que destacamos a aparición do tractor. Tras resolver unhas pequenas dúbidas puxémonos mans a obra e decidimos facer a nosa propia horta para plantar nela tomates, patacas leitugas...



Agora temos que esperar un pouco a que medren, pero seguro que pronto poderémolas saborear!

jueves, 29 de marzo de 2012

10, 9, 8 ,7......despegue!

Este martes no obradoiro de lingua, os nenos/as de 5 anos estiveron facendo un foguete espacial en relación coa temática do universo que estamos a traballar.Todos participaron moito na montaxe: pegaron as pezas do cohete, pintaron con pinceis os foguetes e mesmo puxeron propulsores na parte baixa da nave. Quedaron moi fermosos, o que non sabemos e se poderemos chegar a lúa con el. Mmm, imos probar...



Moitas grazas pola vosa colaboración!















domingo, 25 de marzo de 2012

Visita á biblioteca de Monte Alto

A semana pasada chegou unha carta a escola na que o paxariño Olé, convidou ós nenos/as de 4º de infantil a acudir á biblioteca de Monte alto para coñecelo e amosarlles a súa colección libros. Entre eles estaba o conto: "Un becho extraño", que lles chamou moito a atención, xa que este conto agocha unha sorpresa en forma de animal. Qué sería? animádevos a preguntarlles en que se transformaba o ovo gris ou mesmo podedes ler o conto con eles de novo, é moi divertido!


Finalmente recordamos as vocais a través dun pequeno xogo rimado, e cada neno puido escoller un libro de lectura e levalo a escola para ollalos e disfrutar deles.

A Primavera

Coa chegada da nova estación, os nenos/as regresaron ó campo de Marte para facer instantáneas das árbores, dos xardíns... e observar os cambios acontecidos. Notarían algún cambio con respecto ó inverno?

miércoles, 21 de marzo de 2012

Hoxe mudamos de estación...

Tras un longo e frío inverno, por fin chegou a  primavera, e estivemos observando os cambios que se producen nesta estación: saen as flores, algúns animais espertan do letargo, xa non son necesarios os gorros e as luvas, crecen as follas nas árbores...
 





 Tras ver unha breve presentación na que os nenos/as poideron observar estes cambios, e comentar o que sabiamos desta estación, as aulas de 4º de infantil estiveron elaborando unha flor e unha mariquita que decoraron con papeis de cores e finalmente pegaron nos pasillos da escola.

Quedoulles ben, a que sí?



lunes, 19 de marzo de 2012

A Semana da prensa

Esta semana estivemos traballando en tódolos cursos de Educación infantil con diferentes xornais e creamos o noso propio xornal da aula. Iso sí, non eran uns xornais calquera, senón que neles aparecían noticias e fotografías relacionadas con experiencias vividas por nós na escola, nas visitas, nos festivais...



Cada un dos nenos/as fixo unha folla do xornal, e entre todos escollemos a que máis nos gustou para que fose a portada e tamén o título do xornal. Foi moi divertido, aquí por exemplo podemos ver como traballan os nenos/as da clase de Conchi (5º de Educación infantil).
Ssssss! que están traballando...




miércoles, 14 de marzo de 2012

TV CURROS

Hoxe veu a televisión a aula de 5 anos e os nenos convertíronse en verdadeiros especialistas do medio audiovisual. Entre os programas que poidemos ver na parrilla atopábanse: Bricomanía, A cociña na aula, Xogos en familia e o Telexornal do Curros.


Os nenos e nenas interpretaron perfectamente o seu papel e tamén tiveron tempo para facer de fotógrafos e sacar algunhas instantáneas.Foi un día de moito traballo, e duro é isto da televisión verdade?