jueves, 3 de mayo de 2012

Aula de informática: xogamos con "Tibao"


Hoxe a primeira hora da mañá, os nenos/as de 4 anos da clase da mestra Conchi, tiveron clase de informática.
Como tódalas mañás cando nos toca vir á aula de informática, colocámonos arredor da mesa central e fixemos asamblea para posteriormente elexir parellas para os ordenadores.


Unha vez rematamos, os nenos/as poideron disfrutar cunha gran variedade de actividades que nos propuxo a mestra Juana, e en concreto cunha chamada "Tibao", na que un neno indíxena, no seu recorrido pola sabana, íase enfrontando con gran cantidade de desafíos didácticos como puzzles, memorys...


Aquí podemos observar o ben que o pasan os inseparables Pablo e Breixo xogando co pequeno Tibao.
Deixovos a continuación o enlace para que tamén poidades disfrutar vendo como xogan e aprenden os vosos pequenos/as:

 

miércoles, 25 de abril de 2012

 Viaxe á Lúa

Hola nenos/as, como sabedes hoxe tivemos a dificil misión de convertirnos en astronautas para tratar de chegar a lúa, pero todavía non o conseguimos, así que deixovos este video para ver se a algún de vós se lle corre algunha idea.



Por certo, non conseguimos chegar aínda pero paréceme que quedamos moi preto, vós que pensades? De feito subimos tanto coa nosa nave que paréceme que atopamos un intruso, conseguídelo ver?  Avisademe se o vedes, eh!




Adiviña, adiviña...

Este martes no taller de lingua, os nenos/as estiveron traballando con diferentes adiviñas coma estas:

Fixeron moi ben de adiviños/as e resolvéronas moi rápido, así que  deunos tempo a facer as nosas propias adiviñas , e nesta ocasión gardaban unha sorpresa no seu interior. Os nenos/as picaron, colorearon e fixeron uns debuxos moi bonitos relacionados coa adiviña que lles tocou. Pasámolo moi ben, e ó rematar a xornada poidemos levalas para casa.
Ademáis, nesta ocasión Ramón e Pilar da aula de 5 anos de Sandra fixeron de fotógrafos e tamén nos quixeron amosar parte dos seus traballos e como non o dos seus compañeiros. Moitas grazas rapaces!



domingo, 22 de abril de 2012

Menudos artistas!

Nestes días estivemos visionando a obra do artista francés Monet: "O xardín xaponés". Tras observar algunha das súas coloridas e fermosas obras típicas do impresionismo, decantámonos por ésta, xa que é unha obra moi adecuada para traballar a estación da primavera.
Os nenos/as pintaron con pinceis os cadros, e despois elexiron e fixeron uns preciosos marcos para adornalos. Traballaron moito e os cadros quedaron moi bonitos. 


 Nesta ocasión, Lucía (5º de infantil) quixo mostrarnos a través da fotografía as obras dos seus compañeiros/as. Moitas grazas Lucía!   

martes, 17 de abril de 2012


O Museo de Belas Artes

Hoxe, os nenos/as de 3, 4 e 5 anos foron de visita ó museo de Belas Artes, e nel poideron observar unhas estupendas obras de arte que lles chamaron moito a atención. Percorreron diferentes salas de mostras nas que atoparon fermosas pinturas e esculturas; escoitaron moi atentos as explicacións que lles daba o guía e finalmente eles mesmos poideron facer de artistas no taller de pintura que o museo lles tiña preparado como sorpresa.


Os pequenos tamén tiveron tempo para divertirse mediante xogos no museo.


Na imaxe, os nenos/as de 4 anos traballan no taller de pintura.

Por certo rapaces, estiven pensando pero non me lembro:

Cómo se chama a persoaxe principal desta obra que xa observamos no museo?


...
(agardo as vosas respostas na aula)


viernes, 13 de abril de 2012

Educación para a hixiene e a saúde

Hoxe venres, recibimos outra visita na escola, nesta ocasión dous rapaces viñéronnos dar unhas charlas sobre hábitos para a hixiene e a  saúde. Conversaron cos nenos/as, mostráronlles imaxes na pizarra dixital, fixeron xogos con eles e entre todos chegaron á conclusión de que comer moita froita e facer deporte é algo que os vai beneficiar e axudar a medrar moito. Os rapaces prometeron volver xa que os nenos/as  pasárono moi ben.


            

 
 

E non vos esquezades, hai que comer moita froita e facer moito deporte para estar sans, vale?
Taller de consumo: xogar sen xoguetes.

Onte tivemos unha visita moi especial, veunos visitar Miriam para amosarnos como podemos facer para pasalo ben sen necesidade de ter que pedirlles tantos xoguetes ós papás e ás mamás. Amosounos unha gran variedade de xoguetes feitos con material de reciclaxe como cartóns, botellas, chapas, vasos de iogurt...



A continuación, tras unhas breves explicacións os nenos/as de educación infantil, (3, 4 e 5 anos) puxéronse mans a obra para fabricar uns maravillosos xoguetes cos que poderían disfrutar posteriormente.
Traballaron moito, e o resultado podédelo observar nas fotografías que eles mesmos fixeron.
Cada vez enfocan mellor verdade?



 Gracias rapaces/zas, fixéstedelo moi ben!