jueves, 17 de mayo de 2012

Día das letras galegas

Valentín Paz Andrade

Este ano, o día das letras galegas adícaselle ó escritor e avogado Valentín Paz Andrade. Naciu no ano 1898 en Lérez(Pontevedra), licenciouse en dereito na universidade de Santiago e posteriormente tras contactar con intelectuais da época como Castelao escribiu libros como: "Pranto Matricial" ou "Cen Chaves de Sombra" ademáis de colaborar con numerosos xornais e revistas. Fundou unha das máis importantes empresas de pesca e conxelado de Europa, Pescanova; e ademáis colaborou coa FAO, asociación que promove o desenvolvemento sostible e responsable da pesca e a agricultura. Destacou como escritor de ensaios e poesías, recibindo moitos galardóns polo seu traballo por e para Galicia. Morre no ano 1987.

Esta semana estivemos traballando o día das letras galegas, e os rapaces de Educación Infantil fixeron diferentes actividades relacionadas co mesmo:

As aulas de 3 anos, realizaron unha actividade relacionada coa paixón do autor polo mar,e estiveron a decorar este peixe chamado "Nova", mesmo lle puxeron escamas e todo!



 Os nenos/as da clase de Conchi(4 anos), foron á biblioteca e alí tiveron a  oportunidade de ver un video ilustrativo da vida do autor para posteriormente realizar unha actividade que neste caso tiña moito que ver coa vinculación do autor coa FAO.



Tamén os nenos/as de 6º de infantil traballaron o día das letras galegas, nesta ocasión mediante unha actividade Lin, na que ademáis de contarnos a vida do autor, permitíanos facer unha serie de xogos moi interesantes: memory, sopa de letras...



Xa como colofón, e entre tódalas aulas de infantil, elaboramos un mural capitaneado por Valentín Paz Andrade no que cada un de nos tiña un camarote. Que a que nos referimos? mirade, mirade:



Por último, deixovos o enlace coa actividade Lin por se queredes botarlle un vistazo cos nenos/as:



En psicomotricidade...xogamos cos xornais

Na última sesión de psicomotricidade, decidimos cambiar o material habitual(aros, pelotas, picas, conos, cordas...) por xornais.
Nun primeiro momento pareceulles extraño mais pronto se deron conta das cousas tan divertidas que se poden facer con este tipo de materiais.




Fixemos moitos xogos, e mesmo se nos fixo corta a sesión, pero chegou a hora de merendar e...tivemos que marchar. Non vos preocupedes rapaces, voltaremos!





Os títeres

Con motivo da celebración do festival de fin de curso, os nenos/as de Educación Infantil, están a preparar diferentes actuacións. Unha delas é unha obra de títeres titulada:" Los fantasmas Caramba", que os rapaces da aula de 5 anos da profesora Sandra están a ensaiar con moita dedicación e esforzo.


Pero non só ensaian os seus papeis, senón que ademáis comezaron a elaborar as súas propias marionetas, e non están quedando nada
mal...
Inda están comezando e falta moito traballo por facer pero seguro que no festival conseguen sorprendernos a todos!

jueves, 10 de mayo de 2012

Rutas urbanas animadas: historias de María Pita

Hoxe, foi un día especial para os nenos de 5º de infantil (4 anos), xa que tivemos unha visita á plaza de María Pita onde os nenos/as poideron coñecer un pouquiño máis  da historia da nosa cidade dunha maneira máis divertida, mediante xogos e historias, como por exemplo:

1) No primeiro dos xogos, a monitora Miriam, explicounos que fai moito tempo un pirata inglés chamado Sir Drake, chegou A Coruña para quitarlles ós coruñeses o seu tesouro, que non era outro que a propia cidade. Pero entón a valentía da xente da Coruña fixo que poidesen resistir e votar ós ingleses sen necesidade de empregar armas.
Xogo: Dividíamos osnenos/as en grupos e  con bolas feitas con papel de xornal faciamos unha batalla de bolas.

2) Despois adentrábamos nun lugar que asemellaba un castelo dentro do propio concello e alí os nenos/as puideronse sumerxir na famosa historia de "Hércules e o xigante Xerión", ademáis de coñece e observar diferentes escudos da cidade que foron evolucionando co paso do tempo.


3) Nesta zona, os nenos/as  eran informados de que durante a batalla, os cidadáns coruñeses resistían cobixandose tras enormes muros de pedra que os protexían dos fortes ataques dos soldados ingleses.
Xogo: Nesta ocasión, o xogo consistía en achegarnos ó muro e pegar diferentes partes do noso corpo, así como tamén en chegar correndo para tocar diferentes espacios que nos suxería a monitora.

 


4)Por último, fixemos un xogo de discriminación auditiva, no que os nenos/as, cos ollos tapados e tras escoitar o son dun instrumento (caixa china ou cascabeis) tocado por un compañeiro/a que estaba agochado ,debían descubrir porque lado estaban sendo atacados . Coidado con Carlota, que nos ataca!



  
Logo chegou o autobús e tivemos que regresar a escola, inda que o pasamos fenomenal! Alguén quere repetir?

viernes, 4 de mayo de 2012

Taller de manualidades: os planetas

Continuando coa unidade do universo, os nenos da aula de 5 anos, quixéronnos demostrar canto sabían dos planetas: posición no universo, cores, tamaño...












Que opinades, aseméllanse bastante verdade?


Pois para conseguir estes resultados todos/as traballaron moito: recortando, pintando, pegando... E tamén empregaron moitos materiais como lá, algodón, boliñas de papel, plástico, lentellas e moitas cousas máis.


            Bo traballo rapaces/zas!

Crece, crece semillita

Nestes días, os rapaces/zas de educación infantil están a traballar coas plantas. Estiveron confeccionando as súas propias macetas (empregamos uns vasos de iogurt que eles mesmo trouxeron), decoraron as macetas con pegatinas e mesmo con plastilina.




Quedaron moi bonitas, e finalmente poidemos plantar nelas unhas semillas de xirasol.Estaremos moi pendentes de observalas e proporcionarlles a auga e a luz necesaria para que poidan medrar. 

          
Moitas grazas pola vosa axuda, familias! 

jueves, 3 de mayo de 2012

Aula de informática: xogamos con "Tibao"


Hoxe a primeira hora da mañá, os nenos/as de 4 anos da clase da mestra Conchi, tiveron clase de informática.
Como tódalas mañás cando nos toca vir á aula de informática, colocámonos arredor da mesa central e fixemos asamblea para posteriormente elexir parellas para os ordenadores.


Unha vez rematamos, os nenos/as poideron disfrutar cunha gran variedade de actividades que nos propuxo a mestra Juana, e en concreto cunha chamada "Tibao", na que un neno indíxena, no seu recorrido pola sabana, íase enfrontando con gran cantidade de desafíos didácticos como puzzles, memorys...


Aquí podemos observar o ben que o pasan os inseparables Pablo e Breixo xogando co pequeno Tibao.
Deixovos a continuación o enlace para que tamén poidades disfrutar vendo como xogan e aprenden os vosos pequenos/as: